Pinchiño e o País das Pompas

Pinchiño e o País das Pompas

Sinopsis

Como caído do ceo, un ser diferente e estraño chega ao País das Pompas, establecéndose unha serie de relacións nas que a natureza é espectador mudo, dando lugar a esta fermosa historia que transmite unha lección de vida: a de fixarnos no que nos une, no canto de en aquilo que nos separa, e a de como aproveitar as oportunidades que se nos presentan, contemplando as dificultades como desafíos, no canto de como problemas. Faino a través da mirada dun pequeno ourizo, Pinchiño e dunha pompa de xabón, Perica, que a pesar das súas diferenzas, a priori insalvables, atopan a maneira de poder compartir xuntos un marabilloso día das súas vidas, supoñendo isto algo inesquecible para ambos. E é que este conto narra «un encontro desde o corazón».

VALORES IMPLÍCITOS:
A través deste conto preténdese mostrar a importancia da empatía para achegarnos aos demais, a aceptación do diferente como un elemento enriquecedor, e a colaboración como forma de relación.

Idioma
  • Castellano

Booktrailer